O Concello contempla trasladar a Escola Municipal de Música a Vista Alegre

Unha posible solución ao conflito

O CEIP Apóstolo Santiago leva anos incrementando o número de alumnado matriculado cunhas instalacións que lles están a quedar pequenas. Como anunciáramos hai uns días, a Xunta levará a cabo unhas reformas necesarias para solucionar, polo momento, este problema. Nelas unha das instalacións que comparten coa Escola Municipal de Música, o salón de actos, deixará de ser espazo común. Ante esta problemática, o Concello está valorando distintas solucións que conlevan o cambio de ubicación da escola municipal de música.

Unha posibilidade para rematar o conflito

Martiño Noriega informou dunha nova solución que podería supoñer a fin deste conflito: a posibilidade de ubicar a Escola Municipal de Música na Escola de Altos Estudos Musicais situada en Vista Alegre. A titularidade da escola é do Consorcio, motivo polo cal se actuou dende a Alcaldía con moita discreción. Ademais, as demandas da escola están centradas tanto na Xunta como no Concello.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -