O Concello confirma que a Supercopa da ACB se celebrará en Compostela

Será os días 21 e 22 de setembro e participarán o Monbus Obradoiro, o FC Barcelona Lassa, o Real Madrid e o Kirolbet Baskonia

Boas novas para as e os amantes do baloncesto. A Xunta de Goberno local aprobou este venres o convenio, en consonancia coa Deputación da Coruña, para o cofinanciamento da celebració  da Fase Final da Supercopa ACB en Santiago de Compostela. Deste xeito, cada institución achegará unha partida de 121.000 euros.

A competición disputarase entre o 21 e o 22 de setembro no pavillón Fontes do Sar, e loitarán polo título o Monbus Obradoiro —como equipo anfitrión—, o FC Barcelona Lassa —campión da Copa do Rei—, o Real Madrid —campión da Euroliga— e o Kirolbet Baskonia —mellor equipo da Liga Endesa logo de barceloneses e madrileños—. O vindeiro xoves 14 de xuño selarase o acordo definitivo entre Concello, Deputación, ACB e Monbus Obradoiro, nun acto que se desenvolverá no Pazo de Raxoi.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -