O Concello avanza o proxecto de redeseño do viario de Clara Campoamor

O proxecto definitivo do vial Clara Campoamor contará con tres carrís, beirarrúas e carrís bici, e priorizará o transporte urbano mediante semáforos

O Concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou o proxecto definitivo das reformas do vial Clara Campoamor, que esperan que sexa aprobado pola Xunta de Goberno este vindeiro venres. Malia as queixas manifestadas polo candidato socialista á alcaldía, Sánchez Bugallo, o Goberno Municipal continúa co seu proxecto

O vial regulará a entrada e saída do transporte público á estación de autobuses mediante semaforos que os prioricen sobre o tráfico diario para evitar conxestións nas horas puntas e se creen retrasos. Ademáis, estará conformado por tres carrís, un deles cumprirá a función de acceso á intermodal e ás rotondas e os outros dous de direccionalidade. O proxecto conversa a idea inicial de facer de Clara Campoamor un “bulevar urbano” cunha combinación de usos peatonais e o prioritario pasao de autobuses nno acceso da futura estación intermodal

Parte esencial do proxecto recae en humanizar a cidade e priorizar aos peatóns, xa que o 60% do acceso á estación faise a pé. Por iso incluiranse beirrarúas e carrís bici a cada lado da estrada, e unha conexión coas Brañas de Sar coa plataforma elevada da intermodal, que será regulada con balizas semafóricas para controlar o tránsito. Alén diso, esta modificación tamén suporá que o transporte urbano que antes empregaba a parada da Rosa agora pare na rúa do Hórreo, pola parte de arriba da Intermodal, baleirando considerablemente o tráfico desa zona, residencial e peor adaptada.

Jorge Duarte tamén quixo aproveitar para desmentir que o tráfico na Rúa do Hórreo fose aumentar drasticamente debido a estas modificacións. Por unha banda, desmentiu que a intermodal fose acoller máis de 800 autobuses (en realidade serán 430 entradas e saídas), e pola outra reiterou que esta estrada conta con tres carrís e está mellor adaptada para recoller ese tráfico que a Rosa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego