Home Programas Área Compostela O Concello asina un novo convenio con Cáritas

O Concello asina un novo convenio con Cáritas

0
O Concello asina un novo convenio con Cáritas

Esta mañá a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asinou un convenio de colaboración con Cáritas para desenvolver o programa Vagalume. Trátase dunha serie de actividades de atención a mulleres sometidas á contextos de prostitución.

A contía do convenio asinado é 30.000 euros e pretende servir para  eliminar a vulnerabilidade e o risco de exclusión social ao que están sometidas as mulleres en contextos de prostitución en Santiago de Compostela.