Home Programas Área Compostela O Concello asina novos convenios con seis entidades sociais dun importe próximo aos 200.000 euros

O Concello asina novos convenios con seis entidades sociais dun importe próximo aos 200.000 euros

0
O Concello asina novos convenios con seis entidades sociais dun importe próximo aos 200.000 euros

Os novos convenios que se asinaron esta mañá entre o Concello e seis entidades sociais contan cun importe de aproximadamente 200.000 euros. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, salientou a importancia destes convenios. Do mesmo xeito, representantes das entidades sociais explicaron boa parte dos proxectos que se levarán a cabo grazas á colaboración do Concello de Santiago.

As cantidades achegadas foron:

  1. 3.000 euros para Agadea
  2. 100.000 euros para Cáritas
  3. 2.000 euros para Alcer
  4. 3.000 euros para a escola de tempo libre Don Bosco
  5. 10.000 euros para Médicos do mundo
  6. 75.000 euros para Cruz Vermella

Continúa o proxecto dunha Compostela máis social

Cómpre engadir a presentación destes novos convenios asinados hoxe ás presentacións doutros acordos similares que se deron a coñecer esta mesma semana por parte do departamento que dirixe Concha Fernández e que apostan por facilitar o traballo de moreas de entidades do ámbito social compostelán.

Máis información: