O concello asegura o mantemento de viais cun gran “macro contrato”

A Xunta de goberno do concello de Santiago ven de adxudicar un gran contrato que permitirá axilizar a conservación e reparación de pavimentos no municipio. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta do acordó que suporá unha inversión anual de 1,2 millóns de euros.
O contrato está distribuído en tres lotes que se adxudicaron á empresa que acadou maior puntuación: Obras y viales de Galicia SL.
O contrato poderá quedar formalizado en dúas semanas e xa poderán comezar os traballos de reparación. Estes días aínda se está a traballar con contratos licitados no verán e nos que están previstas reparacións na Muíña, O Pombal, Castiñeiriño e Tras Santa Clara.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego