O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que este aprobou o orzamento provisional correspondente ao ano 2017 para o servizo do transporte colectivo urbano. Ese presuposto ascende a 4,8 millóns de euros, dos que 4,6 corresponden ao transporte urbano, 181.000 euros ao transporte metropolitano, e 10.000 euros ás tarxetas de pensionistas.
O orzamento é provisional polas modificacións que pode ter ao longo do ano, segundo explicou o alcalde de Santiago.
O custe total do servizo supera os sete millóns de euros e estes 4,8 millóns de euros son os que o Concello ten que pagar e nesta cantidade vai incluida a subvención do Estado, que é de 400.000 euros.