O Concello apostará polo Software libre no programa de cidades intelixentes

Compostela formará parte xunto a Zaragoza, Madrid e A Coruña, do programa de Cidades Intelixentes da Axencia Dixital de España

A Xunta de goberno do concello de Santiago aprobou a proposta da alcaldía de aceptar o convenio polo que Compostela formará parte xunto a Zaragoza, Madrid e A Coruña, do programa de Cidades Intelixentes da Axencia Dixital de España. O alcalde, Martiño Noriega, comunicouno en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

- Publicidade -

Santiago recibirá 300.000 euros deste programa que servirán, segundo o alcalde, para adaptar o concello ás novas tecnoloxías e achegar o software libre ao Pazo de Raxoi.

Outros acordos da Xunta de Goberno Local

Na mesma rolda de prensa Martiño Noriega confirmou que xa se puxo en contacto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para transmitirlle o desexo de que se solucione a negativa de que Compostela conte cun novo xulgado do Social. Segundo o alcalde compostelán o mandatario galego aseguroulle que exporía esta cuestión en Madrid en canto tivera ocasión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego