O Concello aposta polas cláusulas sociais nos contratos públicos

Desde a concellería de economía e facenda apostan por unha contratación "máis responsable e sustentable"

O concello de Santiago incorporou cláusulas sociais aos contratos públicos coa finalidade de achegar unha contratación máis sustentable. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou en rolda de prensa esta nova proposta do goberno municipal.

A concelleira fixo fincapé nos obxectivos da incoporación das cláusulas sociais, así como na esixencia dun mínimo dunha cláusula social en cada contrato.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O proceso de facer máis responsable a contratación pública iniciouse xa en abril “coa aprobación por parte da Xunta de Goberno de reserva de mercado a favor de entidades prestadoras de Servizos Públicos de Interese Económico Xeral, como empresas de inserción ou de economía social”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -