
Na mesma rolda de prensa Martiño Noriega informou dos contidos da reunión que manterá mañá co Ministro de Fomento español, Íñigo de la Serna. Nese encontro pensa tratar os compromisos do Estado co concello de Santiago.
Martiño Noriega informou dos contidos da reunión que manterá mañá co Ministro de Fomento español, Íñigo de la Serna https://t.co/BlVa4LmEyy pic.twitter.com/7X6tBgoOy0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 25 abril 2017
O alcalde quere que se axilicen os prazos de execución destas infraestruturas para que poidan chegar a tempo para o Ano Santo de 2021. En relación á humanización do contorno da rotonda de Conxo, Noriega lembrou que foi un compromiso adquirido polo Ministerio de Fomento.