Home Programas Área Compostela O Concello adherirarse ás novas axudas para as ARI do Casco histórico, Vite, Pontepedriña e Vista Alegre

O Concello adherirarse ás novas axudas para as ARI do Casco histórico, Vite, Pontepedriña e Vista Alegre

0
O Concello adherirarse ás novas axudas para as ARI do Casco histórico, Vite, Pontepedriña e Vista Alegre

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou esta mañá no Pazo de Raxoi os detalles da solicitude do Concello para participar na prórroga do Programa de Rexeneración e renovación urbanas do plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, rehabilitación edificatoria e rexeneración urbanas.

Jorge Duarte considera insuficiente a cantidade do convenio asinada entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo en materia de rahabilitación e, por iso, solicítalle a ambas administracións unha ampliación desta contía.

Jorge Duarte: “Entendemos que se debe investir máis en rehabilitación, xa que esta é unha potente xeradora de riqueza e de emprego”

Axudas a persoas con menos recursos económicos

O edil anunciou tamén que o Concello porá a disposición da veciñanza de Compostela unha liña complementaria de axudas para as persoas con menos recursos económicos.