O Concello de Santiago asinou convenios con sete entidades sociais por valor de 36.500 euros. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, foi a encargada de asinar estes acordos que permitirán levar a cabo diversos proxectos de relevancia social en Compostela.
“Queremos facilitar a vida autónoma e saudable das persoas con diversidade funcional ou dependentes”
As axudas foron as seguintes:
-
3.500 euros para a Asociación Fonte da Virxe
- 3.000 euros para a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia
- 10.000 euros para Down Compostela
- 3.000 euros para a Fundación Andrea
- 6.000 euros para Aspas
- 9.000 euros para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
-
2000 euros para a Asociación de Dano Cerebral Sarela