O concelleiro Xan Duro informou en rolda de prensa que o seu departamento abriu un expediente xudicial por incumprimento de contrato á empresa que este ano colocou as luces de Nadal. Unha das primeiras razóns polas que tomou esta decisión foi por non rematar coa súa distribución pola cidade no prazo acordado.
Outra das razóns para tomar esta decisión foi a mala colocación e falta de seguridade nalgunhas destas luces polo que tamén se decidiu encargar á empresa Ferrovial a realización das actuacións necesarias para resolver as deficiencias.
Na mesma comparescencia criticou a actuación da oposición neste tema afirmando que “crearon unha alarma social infundada”
Hoxe @xanduro contestou en rolda de prensa ás críticas do PSOE pola queixas sobre a iluminación navideña https://t.co/MoeVvNjrf4 pic.twitter.com/zRzxNfKgII
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 decembro 2016
A empresa que levou este concurso, Salnés Nadal S.L., xa traballara co concello de Santiago en anteriores ocasións e na actualidade presta o seu servizo a Pontevedra. En relación á pista de xeo o edil asegurou que estaría en funcionamento coincidindo coas vacacións escolares.