
O Goberno de Compostela Aberta mantén a súa “firme defensa” da veciñanza de Grixoa. A corporación local xa advertira en febreiro da súa intención de revogar a licenza da planta de tecnosolos que opera no espazo. Porén, ao tratarse dunha competencia da Xunta, e ante o risco de que se arquive a causa pola falta de decisión do Goberno galego, o Concello decidiu abrir un novo expediente á empresa.
O goberno volve amosar o apoio á veciñanza afectada
Noriega tamén lembrou que aínda hai outro expediente aberto en relación a Miramontes “que ten que ver co uso irregular dos accesos á planta”. Nesa liña, lembrou que “o permiso que outorgou no seu día o Concello era para as empresas que explotaban a canteira de áridos orixinal, pero non para as que traballan cos tecnosolos, polo que cremos que eses camións de alta tonelaxe non deberían facer uso do viario”.
Outros asuntos da Xunta de Goberno Local
Noutra orde de asuntos, a Xunta de Goberno local aprobou hoxe comezar o proceso de licitación da oficina técnica do proxecto ‘Smartiago’, baseado no fomento da innovación e a investigación. A primeira fase desta iniciativa do Concello obtivo xa máis de 6 millóns de euros en subvencións do Estado.