A lacra das violencias machistas evidencia a necesidade de educar á sociedade na igualdade. Con este propósito naceu a iniciativa do Concello de Santiago ‘Compostela en Negro’, que na súa terceira edición exténdese cara a setenta concellos de toda Galicia. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou as novidades en sala de prensa.
O #CompostelaEnNegro medra. Agora é #GaliciaEnNegro e suma setenta concellos, 3 deputacións e máis de 3.000 establecementos pic.twitter.com/qVAtVfLrNn
— Nós Televisión (@NosTelevision) 2 de noviembre de 2017
Crear conciencia
Un dos obxectivos fundamentais da campaña é crear conciencia social entre os máis novos para combate-las violencias machistas na mocidade. Colexios e institutos de toda Galicia sumaranse á iniciativa.
Outra das novidades que incorpora a edición deste ano é a presentación da iniciativa ante a Unión Europea. Enviados especiais do Concello comparecerán o vindeiro luns día 6 ante unha Comisión de Igualdade europea.