A histórica manifestación do pasado sábado en defensa dos medios públicos en Galicia segue a causar un intenso debate entre goberno e oposición. Desde o Comite Intercentros CRTVG aseguran que non deixaran de loitar pola cumprimento da lei e por mellorar a situación na que se atopan na actualidade.
A mobilización supón un antes e un despois
Esta mañá conversamos cun representante do Comité Intercentros da CRTVG, Raimundo Méndez, sobre valoración que realizan da mobilización do sábado así como tamén sobre as novas perspectivas das e dos traballadores e as mudanzas impostas pola dirección do medio.