Home Programas Área Compostela O cómico censurado por Conde Roa, Leo Bassi, volve a Compostela

O cómico censurado por Conde Roa, Leo Bassi, volve a Compostela

0
O cómico censurado por Conde Roa, Leo Bassi, volve a Compostela
O bufón estará o 19 de abril en Compostela

En 2012, Conde Roa afirmara que o polémico bufón lle producía “especial repugnancia” ao ser unha persoa que non aportaba nada “culturalmente” á cidade. O Concello de Santiago viña de anular o espectáculo no Principal. Agora, anos despois, Leo Bassi volve a Santiago e, desta volta, pola porta grande.

Malia aquela polémica, o bufón italiano achegárase a Compostela para amosar o seu rexeitamento ante a caza de bruxas impulsada, daquela, polo alcalde do PP. “Unha censura patética e antiga” dixera daquela Leo Bassi.

O último bufón: o novo de Leo Bassi

No último bufón, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral. Bassi pon en escena un espectáculo intenso pero ao mesmo tempo divertido no que analiza o “paraíso perdido” do mundo dos bufóns, cunha comicidade diferente do humor irónico e cínico dos cómicos de hoxe en día.

Leo Bassi á saída da roda de prensa, antes de ir ao xuzgado a ver a Conde Roa

O BNG local impulsara, daquela, unha campaña de apoio ao artista