O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) reivindica neste Día Internacional da Educación Social unha lei galega coa que garantir os dereitos das persoas a través da educación social e así afrontar os principais retos que ve nesta disciplina, cada vez máis mermada e precarizada.

“A lei galega recoñecería o dereito de todas as persoas a un acompañamento socioeducativo especializado”

Nun comunicado, o Ceesg apunta a que a lei galega “recoñecería o dereito de todas as persoas a un acompañamento socioeducativo especializado cunha atención integral a través de equipas multidisciplinares, nos que non pode faltar a Educación Social”. O Ceesg manifesta tamén outras demandas relevantes, “como a creación dunha categoría propia e exclusiva nos corpos de persoal da Xunta de Galicia, a implementación da figura no sistema educativo e en determinados recursos do Sergas, o cumprimento do decreto de Servizos Sociais por parte dos concellos galegos, ou poñer fin ao intrusismo laboral, que ten unha alta incidencia nesta profesión”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As educadoras e educadores sociais son profesionais “comprometidas/os coa transmisión cultural, a mediación social e a xeración de redes educativas e sociais”, sosteñen. A súa acción baséase, entre outros, “nos principios de respecto aos dereitos humanos e de xustiza social, baixo as pautas dun código deontolóxico que regula a súa intervención profesional“. Poden ter presenza en calquera ámbito no que poida darse a acción socioeducativa e en múltiples sectores de poboación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -