Home Programas Área Compostela O Colexio de Avogados reivindica que Compostela conte cun xulgado especializado en cláusulas solo

O Colexio de Avogados reivindica que Compostela conte cun xulgado especializado en cláusulas solo

0

Dende o Colexio de Avogados de Santiago reivindican que a cidade conte cun xulgado especializado para os asuntos das cláusulas solo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no pazo de Raxoi esta mañá ao novo decano do Colexio de Avogados, Francisco Rabuñal, e ao seu antecesor no cargo, Evaristo Nogueira.

Francisco Rabuñal salientou a necesidade de que Compostela conte cun xulgado especializado para cláusulas solo, posto que no plan aprobado polo Consejo General del Poder Judicial só se contempla a creación dunha sala deste tipo na Coruña.