“Priorizamos as ferramentas para poder camiñar cara unha estabilidade emocional”, sostén a psicóloga do Centro da Información á Muller de Compostela Loli Lajos. Ao seu carón, a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, explica a campaña ‘Rompe o silencio‘, organizada polo Concello ao decretarse o estado de alarma. “Hai que advirtir á cidadanía que é obrigatorio denunciar”, explica.
Nestes días de confinamento, o número de denuncias por violencia machista non aumentou en Compostela con respecto a outros períodos. “Non son só as denuncias, senón os danos psicolóxicos”, explica Díaz. “Haberá que estar moi atentas e xa estamos aquí preparadas para iso“.