A Banda Municipal de Música de Santiago realizará este outono quince concertos na cidade, cinco no mes de outubro, sete en novembro e tres no mes de decembro. Anuncionou en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra en rolda de prensa acompañada polo director da Banda Casiano Mouriño. Parte destes concertos serán didácticos e como novidade está a participación co festival Cineuropa e un coa colaboración como narradora de Paula Carballeira.
O ciclo pecharase o día 23 de decembro co concerto especial de Nadal que terá lugar no Teatro Principal coa dirección de Casiano Mouriño e o acompañamento do Cantorum Compostellana Coniuncitio que dirixe Anxo Abel Souto.