Logo da boa acollida o ano pasado en Semana Santa do ciclo “De Lugares e Órganos. Música e outras paisaxes de Compostela” a cidade repitirá experiencia. Organizado pola concellaría de Acción Cultural co apoio do Consorcio da cidade e da Deputación da Coruña do 31 de marzo ao 16 de abril diversos espazos de Santiago descubrirán este instrumento e os lugar onde está situado.
Múltiples actividades para todas as idades
Serán un total de seis concertos, un obradoiro para nenos, tres visitas guiadas polos órganos e tres coloquios arredor deles. Todas estas actividades permitirán escoitar e gozar da música relacionada co patrimonio artístico da cidade xunto co coñecemento cultural máis profundo da colección organística de Compostela.
As entradas para as actividades e concertos son de balde, previa retirada de invitación que comezou a partir do 28 de marzo, no despacho de billetes do Teatro Principal.