Home Programas Área Compostela O centro Sarela inaugura novas dependencias e incrementa as prazas

O centro Sarela inaugura novas dependencias e incrementa as prazas

0
O centro Sarela inaugura novas dependencias e incrementa as prazas

No día de hoxe, o Centro Sarela de Santiago, adicado ás persoas con dano cerebral adquirido, inaugurou as súas novas dependencias. Este feito permitirá incrementar a súa capacidade de atención e ter espazos para levar a cabo os servizos de terapia ocupacional e fisioterapia.

A estrea das instalacións terá como consecuencia un incremento das prazas

No acto estiveron presentes a directora xeral de Maiores e persoas con discapacidade, Fabiola García, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a valedora do Pobo, Milagros Otero e representantes de toda a Corporación local de Compostela.

vlcsnap-2016-12-19-18h32m47s727Participou tamén o presidente das federacións española e galega de Dano Cerebral, Luciano Fernández, indicando que, dende a inauguración do centro, conseguiuse “abrir portas e tamén corazóns”. Ademais, comentou o descoñecemento do termo tempo atrás.

A directora de persoas maiores e con discapacidade, Fabiola García, explicou que a sociedade non pode conformarse co logrado ata agora, senón que o obxectivo é conseguir máis logros para mellorar a vida daquelas persoas con capacidades diferentes.

Conta con 40 usuarios e 23 deles con prazas concertadas coa Xunta

O camiño a seguir

Tamén o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, indicou que hai que seguir colaborando en cuestións como estas, xa que, en palabras súas, é o camiño que debe seguir a cidade.

O centro Sarela inaugúrase oficialmente no mesmo día no que a asociación cumpre 16 anos. Conta con 40 usuarios e 23 deles con prazas concertadas coa Xunta. No acto, a maior parte dos intervintes quixo aproveitar tamén para amosar a súa repulsa polos tres asasinatos machistas desta última fin de semana.