
O Centro Dramático Galego está a explorar as coproducións co mundo da Lusofonía. A partir dunha proposta da Axencia Galega das Industrias Culturais presentouse no Salón Teatro a obra “O conto de inverno”, unha versión da obra de Shakespeare da compañía de Guimarães Teatro Oficina na que tamén participan a Mostra de Teatro de Ribadavia e o Teatro Aveirense.
O Centro Dramático Galego explora a lusofonía cunha coprodución con Portugal https://t.co/jO49TWayTj Marcos Barbosa (Teatro Oficina) pic.twitter.com/xkmtEuBmFv
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 xaneiro 2017
‘O conto de inverno’ estreouse o pasado 7 de outubro no Teatro Aveirense de Aveiro (Portugal) e poderá verse no Salón Teatro desde hoxe día 12 ao sábado 14, ás 20.30 h, e o domingo 15, ás 18.00. A semana vindeira exhibirase na sede de Teatro Oficina no Centro Cultural Vila Flor de Guimarães e ten previstas actuacións en xuño no Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) do Porto e en xullo na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.