Home Programas Área Compostela O Centro Cívico de Laraño acollerá o último Obradoiro de empoderamento no rural

O Centro Cívico de Laraño acollerá o último Obradoiro de empoderamento no rural

0
O Centro Cívico de Laraño acollerá o último Obradoiro de empoderamento no rural

Os Obradoiros de empoderamento do rural botan o peche cun gran encontro no Centro Cívico de Laraño, que permitirá que ás mulleres que participaron na actividade nas distintas parroquias de Compostela poñan en común as súas experiencias

O obxectivo deste programa pioneiro na cidade pasa por traballar o empoderamento e a participación das mulleres, facer visible o seu traballo e logros, facilitar canles de apoio e orientación que mellore a súa autoestima, así como apoiar a creación de redes formais ou informais de mulleres.

Analizar o benestar individual e colectivo das mulleres do rural: Raxoi aposta por dar continunidade a esta actividade

Os Obradoiros de empoderamento no rural desenvolvéronse durante os meses de marzo, abril e maio nas parroquias de Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha. En total, participaron 58 mulleres cunha idade media de 66 anos, aínda que houbo asistentes dende os 21 ata os 88 anos. Marta Lois asegurou que as mulleres coas que se traballa nesta iniciativa “enfróntanse a unha dobre barreira: a de ser mulleres e a de vivir no rural de Santiago