O alumnado do CEIP Monte dos Postes conta, logo do descanso do Nadal, cunha nova e mellorada biblioteca. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o centro para comprobar o resultado das obras realizadas durante estas vacacións, que incluían obras de mantemento e de acondicionamento deste apartado da escola. O edil amosouse satisfeito e lembrou a promesa que fixera antes de rematar 2016.
Manuel Dios argumenta que o Concello aumento ao “máximo posible” o orzamento para o mantemento dos centros educativos
Estas obras realizáronse dentro do Plan de Mantemento dos centros públicos de Compostela que conta cunha partida de 400.000 euros durante o ano 2016 que se incrementará ata os 460.000 para o 2017. O edil apuntou que para este ano 2017 incorporarase no orzamento unha partida de 100.000 euros para a realización do Plan Director de centros e inclúe asuntos coma o pintado, o saneamento, a humanización e a eficiencia enerxética.