O Colexio de Educadores e Educadoras de Galicia (CEESG) celebrará este venres 28 a súa asemblea xeral ordinaria na que realizarán o balance anual e organizarán o curso que queda por vir. Neste sentido, a súa secretaria, Rocío Núñez, chama a asistir e “construír xuntas a Educación Social”.

A maiores, o 16, 17 e 18 de xullo celebrarase en Zaragoza o VIII Congreso de Educación Social que este ano ten como lema ‘Educación Social. Dignidade e Dereitos‘. O evento está organizado por unha ducia de colexios profesionais e abordará a loita que, nestes momentos, artellan desde este sector: o recoñecemento e dignificación da educación social.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -