Home Programas Área Compostela O “catastrazo” de Facenda afecta a case 10.000 persoas en Compostela

O “catastrazo” de Facenda afecta a case 10.000 persoas en Compostela

0
O “catastrazo” de Facenda afecta a case 10.000 persoas en Compostela

Durante o pasado ano, a Dirección Xeral do Catastro activou un proceso de regularización catastral culminado esta semana. En total, 8.341 liquidacións que se corresponden con ampliacións de construcións existentes (50%), reformas (31%), novas construcións (13%), cambios de uso (1’6%) e piscinas (1’7%). O Concello puxo á disposición da veciñanza unha Oficina de Atención na que se presentaron 1.325 alegacións, das cales o 83% foron estimadas total ou parcialmente e 77 delas supuxeron a eliminación da taxa.

O IBI das parroquias rurais reinvestirase nas mesmas

Por outra banda, a concelleira de Facenda, María Rozas, incidiu no compromiso do Goberno local de reinvestir no rural o que se recade polo IBI rústico e urbano nesas parroquias, o que suporá unha partida de arredor de medio millón de euros xa contemplada nos orzamentos de 2018.