O Castelo de San Felipe seguiu a ser o grande atractivo de Ferrol nesta Semana Santa

A oficina de Turismo municipal contabilizou preto de 2.000 visitantes a este enclave que quere por en valor o actual goberno municipal.

A Semana Santa en Ferrol é algo máis ca procesións. As dúas oficinas de turismo desta cidade asistiron estes días festivos a un total de 776 turistas, a maior parte procedentes do resto de Estado (80%), constatando que a fortaleza de San Felipe segue a ser o destino máis demandado.

Este emblemático baluarte de Ferrol foi visitado por 1.810 persoas, segundo datos destas oficinas, polo que desde o concello consideran que hai que encamiñar os esforzos en seguir cos investimentos para avanzar na súa posta en valor.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Outros lugares da cidade

Os datos achegados por Turismo da cidade sinalan que o segundo lugar máis visitado foi Exponav (1501 visitantes), o Museo Naval (1295 visitantes) o Museo de Historia Natural (514 visitantes) e Aquaciencia (425 visitantes).

A Concellaría de Turismo nestas datas fixo un esforzo na edición e reparto por distintas oficinas galegas e do Noroeste peninsular de 8.000 folletos en castelán e galego.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -