Home Víchelo? O canteiro de Sebil

O canteiro de Sebil

0
O canteiro de Sebil

Xornalista, avogado, escritor e político galego. Xoán Xesús González, o canteiro de Sebil, foi un cuntiense fusilado no ano 1936 polo fascismo español. Documental sobre a súa figura tamén vinculada á cidade de Santiago de Compostela.

Hoxe, 12 de setembro, conmémorase a data na que o fascismo español, levantado en armas, asasinaba a Xoán Xesús González, canda a outros compañeiros, nas tapias do cemiterio de Boisaca. 82 anos despois, a súa memoria consérvase máis viva que nunca. Se inesquecible foi a presentación de ‘O canteiro de Sebil’ en Cuntis, non menos emotivo foi o percorrido que fixemos por todos os lugares do País que nos acolleron para facer a humilde presentación do noso traballo. Esa andaina culmina hoxe, coa publicación na rede do documental completo para a súa libre visualización e difusión.

Dende hoxe O Canteiro de Sebil estará a disposición, libre e permanente, de quen queira visualizalo, criticalo ou disfrutalo. Naceu para difundir a figura dun home honesto, humilde, un veciño dunha aldea galega perseguido e asasinado por combater con dignidade a barbarie do fascismo español. Estará tamén dispoñible en inglés, para que a súa difusión trascenda as nosas fronteiras a cabalo da lingua máis internacional e falada do mundo.