O 17 de xullo iniciará en Pontevedra o Campionato europeo de fútbol gaélico, un evento internacional que enfronta ás diferentes seleccións existentes dentro do County Europeo, as cales están formadas por xogadoras e xogadores de cada unha das rexións representadas.
Logo da celebración do Mundial 2019 en Irlanda, este evento supón “un reto maiúsculo”, segundo sosteñen dende a Asociación Galega de Fútbol Gaélico. “Viría a afianzar a nosa posición coma unha das potencias europeas de fútbol gaélico”. Deste xeito, o colectivo pretende “continuar a senda da expansión do fútbol gaélico na nosa terra”.
Obxetivos
Dende a Asociación Galega de Gaélico consideran que selección galega feminina ten o reto de defender en casa o título alcanzado en Lorient no ano 2018 mentres que a masculina quere recuperar o trofeo que estivo a piques de gañar tras perder na final contra Francia.