Home Programas Espazo Aberto Un camiño que se abre en Galicia tras ser recoñecida como Rexión Amiga da Economía social

Un camiño que se abre en Galicia tras ser recoñecida como Rexión Amiga da Economía social

0
Un camiño que se abre en Galicia tras ser recoñecida como Rexión Amiga da Economía social

Compostela foi testemuña da Asemblea Xeral da Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia no marco das celebracións polo recoñecemento do noso territorio como Rexión Amiga da Economía Social concedido pola Comisión Europea.

No encontro colocouse na mesa todas as reflexións posibles e os camiños que, tras este recoñecemento, se abren en Galicia. Por un lado, o presidente da AESGAL, Eduardo J. Salido, falou da necesidade de reforzar a rede de intercooperación seguindo a premisa de “compartir a filosofía da economía social”. Baixo o paraugas da cuestión “que agrupación queremos para o futuro?”, a asemblea puxo o foco en cinco áreas estratéxicas: visibilización do traballo da entidade, captación de sociedades laborais asociadas, aumento da oferta de servizos, estudo de novas vías de ingresos e sinatura de acordos con asociacións e/ou entidades prescriptoras. Por todo isto, AESGAL porá en marcha o vindeiro ano dous cursos de formación: un de xestión da comunicación e outro centrado na dirección de empresa.