“A situación de emerxencia climática é máis evidente ca nunca, porén os Estados, as grandes empresas e o conxunto de actores políticos internacionais continúan sen abordar cunha estratexia global o problema”. Así o denuncian dende o grupo parlamentario mixto que considera que o Cumio do Clima que acaba de rematar en Madrid foi un “bochornoso fracaso” que evidencia “a falta de democracia dos gobernos, xa que nunca houbo gobernos que escoitasen tan pouco a súa cidadanía”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Grupo da Esquerda en Común tamén denuncia os nulos acordos acadados no Cumio do Clima, o COP25, en Madrid. A súa voceira, Luca Chao, apunta ás políticas da Xunta Galicia e a súa escasa implicación na loita contra o cambio climático.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -