Home Programas Área Compostela O BNG tamén apoia a remunicipalización da auga en Santiago: “Sempre estaremos a favor de recuperar servizo”

O BNG tamén apoia a remunicipalización da auga en Santiago: “Sempre estaremos a favor de recuperar servizo”

0
O BNG tamén apoia a remunicipalización da auga en Santiago: “Sempre estaremos a favor de recuperar servizo”

O grupo municipal do BNG apoiou no Pleno municipal de hoxe a proposta de impulsar unha comisión que estude a posibilidade de recuperación do servizo de auga en Compostela, en mans dunha empresa privada desde o ano 1985. Segundo explicou Rubén Cela a Nós Televisión “o BNG sempre estivo a favor de recuperar os servizos para o concello, votamos a favor para que se inicie este proceso porque estaba ben armado”. Desta volta, os votos do BNG eran necesarios para que a proposta puidera continuar.

Desta volta, a proposta do grupo de goberno tivo o apoio dos nacionalistas, segundo Cela, “porque aceptaron todas as nosas engádegas”. Neste caso súmase á comisión de viabilidade da remunicipalización a xefatura de persoal, intervención, un técnico económico e un enxeñeiro.

Xan Duro: “É o momento de reflexionar”

“Creo que é o momento, tras 34 anos, de que este Concello reflexione sobre un servizo tan fundamental como o da auga” reflexionou no pleno desta tarde o concelleiro Xan Duro, integrante de Compostela Aberta que, agora si, ve como o Pleno desbloquea a constitución da comisión, grazas ao apoio prestado por parte do Bloque. Xa que logo, formada esta comisión, o Concello deberá analizar con determinación cal é a forma mais sostible de xestionar o servizo de abastecemento de auga na cidade

O Bloque local pide recuperar máis servizos

En todo caso, para o BNG había outras que deberían ser prioritarias e que non descartan solicitar nun futuro. “O servizo de limpeza, a Escola de Música ou as Escolas Infantís municipais”.