No ano 2014, o Concello aprobou abrir as portas da Finca do Espiño ao público e recuperar o deteriorado palacete modernista do seu interior. Un ano despois, en concreto no mes de agosto, o Goberno de Compostela Aberta adxudicou as obras do devandito espazo, mais finalmente optou por resolver o contrato para redefinir o proxecto, tendo que abonar unha compensación á empresa concesionaria por elo.
vai rematar o mandato de CA sen arranxar o palacete da Finca do Espiño
O BNG denuncia que, malia ter incidido nesta cuestión en anteriores ocasións, o Concello aínda non aprobou o proxecto e mantén conxelada unha partida que rolda o millón de euros e que “non pode ser empregada para outra fin”.
Porén, o Goberno Municipal xa anunciara en abril deste mesmo ano unha modificación do PXOM para acelerar a mellora da Finca do Espiño para, en palabras de Jorge Duarte, mellorar a “ordenación urbanística” da zona.