Home Programas Área Compostela O BNG recoñece avances importantes no debate orzamentario compostelán

O BNG recoñece avances importantes no debate orzamentario compostelán

0
O BNG recoñece avances importantes no debate orzamentario compostelán

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, explicou en rolda de prensa como se desenvolveron ata o día de hoxe as conversas entre a súa formación e o goberno local en relación ao borrador dos orzamentos deste ano 2017. Cela recoñeceu avances importantes.

Cela asegurou que unha parte importante das propostas do BNG foron incorporadas aos orzamentos mais precisou que aínda quedan temas fóra que o nacionalista considerou importantes.

Unha negociación “discreta, clara e transparente

Con todo Rubén Cela considera que aínda hai marxe e tempo abondo para pechar este tema, calificando de “discreta, clara e transparente” a negociación dos Orzamentos para 2017.