Home Programas Área Compostela O BNG reclama unha estación ferroviaria de mercadorías na Sionlla

O BNG reclama unha estación ferroviaria de mercadorías na Sionlla

0

O portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Santiago, Rubén Cela, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a proposta que trasladará ao Pleno de solicitude dunha estación ferroviaria de mercadorías na Sionlla prevista no PXOM como unha das actuacións prioritarias en materia de infraestruturas, en substitución da de Cornes.


Para Rubén Cela se se conseguira esta estación incrementaría o peso da industria na comarca. O BNG insta ao alcalde da cidade a que traslade esta petición tamén ao presidente da Xunta na reunión que manterá con el.