O voceiro municipal do BNG en Compostela, Rubén Cela, presentou en rolda de prensa esta mesma mañá unha iniciativa que defenderá no Pleno Municipal para a elaboración dun Plan director para a Alameda compostelá.
Na petición do BNG figura o coidado da zona e a dotación orzamentaria necesaria para a súa boa conservación.
A Alameda compostelá conta cunha superficie de 85.000 metros cadrados e nos seus xardins atópanse perto de 1.500 especies arbóreas e arbustivas.