O BNG reclama a Noriega máis procesos de participación cidadá

Rubén Cela considera "incoherente" que Compostela Aberta abandere estas propostas sen poñer en funcionamento aínda "once dos catorce consellos de participación cidadá"

Cando Martiño Noriega chegou ao poder en 2015, sustentou o seu programa sobre dous eixos: a transparencia e a democracia participativa. Porén, dous anos e medio despois, o grupo municipal do BNG critica que haxa máis “palabras” que “feitos”, salientando que “só están a funcionar once dos catorce consellos de participación cidadá” que ten a cidade.

O BNg denuncia que “só están a funcionar once dos catorce consellos de participación cidadá”

Estes consellos foron impulsados dende 1998 polo Goberno de PSdeG e BNG, e a eles habería que sumar os que Compostela Aberta prometeu crear se gañaba as eleccións. Outro aspecto criticado polo Bloque é o “mal funcionamento” dos orzamentos participativos, que, segundo o voceiro do grupo, Rubén Cela, deixou polo camiño moitas “promesas incumpridas” e conta cunha contía, o 1% do orzamento total, que cualifica como “ínfima” para a cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -