O BNG reclama a inclusión de máis mulleres no rueiro compostelán

O Bloque local reclama a inclusión de máis mulleres no rueiro compostelán e alerta que as propostas xa aprobadas no Pleno aínda non se executaron

A concelleira do BNG Goretti Sanmartín Rei advertiu en rolda de prensa de que o Goberno de Compostela Aberta “continúa a incumprir determinadas propostas do BNG para incrementar os nomes de mulleres no rueiro compostelán”.

- Publicidade -

Ese ‘territorio de mulleres’ ten que tamén verse nas denominacións das placas das rúas

Neste sentido, puxo enriba da mesa tres nomes de mulleres para incorporar, de xeito inminente, como son Begoña Caamaño, escritora e xornalista; Rosa Bassave, sindicalista libertaria; e Elena Mihaela Marcu, asasinada por violencia de xénero.

Desde 2015

Sanmartín lembrou que o Pleno do mes de setembro do ano 2015 aprobara que un parque desta cidade levase o nome da escritora Begoña Caamaño. En Setembro do pasado 2017 a propia Goretti Sanmartín presentaba publicamente máis propostas de nomes para o rueiro compostelán.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego