O BNG propón publicar “canto antes” a convocatoria das bolsas escolares de comedor

Rubén Cela lembra que, no actual ano académico, o proceso concluíu en decembro, polo que moitas familias non puideron beneficiarse desta axuda ao comezo do curso.

A portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, propuxo en rolda de prensa que se publique “de inmediato a convocatoria de axudas de comedores e actividades extraescolares” para avaliar as solicitudes e telas resoltas ao inicio do curso, para así as familias saberen se poden matricular os nenos e nenas en función da partida que lle corresponde.

Pedimos que as nais e pais saiban antes de comezar o curso se terán dereito ou non ás axudas municipais para o comedor escolar e as actividades extraescolares

Cela lembra que o BNG conseguiu ampliar estas partidas nos orzamentos

Rubén Cela sinalou tamén a necesidade de simplificar o procedemento burocrático co obxectivo de facilitar a presentación das solicitudes por parte das familias e a avaliación por parte do persoal municipal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -