O grupo municipal do BNG en Santiago presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi unha das propostas presentadas ao goberno local para os orzamentos do 2017: a construción dunha planta de compostaxe para o tratamento do lixo que viría acompañada dun plan de sensibilización para a cidadanía. Na presentación desta proposta diante da prensa a concelleira nacionalista Goretti Sanmartin explicou que a mudanza de modelo na Deputación da Coruña facilitaría levar adiante este proxecto.
Condición imprescindible para o Bloque
Rubén Cela explicou que esta proposta é unha das condicións imprescindibles para que o BNG vote de xeito favorable nos orzamentos que está a preparar o goberno municipal.
O BNG local explicou que esta iniciativa debería contar tamén con parte dos fondos europeos da EDUSI e cunha partida específica propia nos Orzamentos municipais.