A responsable de Organización e Política Institucional, Goretti Sanmartín e o secretario de Comunicación do Bloque, Rubén Cela, presentaron hoxe en rolda de prensa o borrador de teses que serán debatidas os vindeiros 25 e 26 de marzo na decimosexta Asamblea Nacional. O obxectivo destes documentosé procurar o debate interno que se remonta ao “Proceso Adiante” que impulsou a propia organización nacionalista hai máis dun ano. Desde o BNG, ademais, realizan unha análise do que acontece na actualidade no Estado español e tamén na Galiza.
Reactualizando o BNG
“As teses da XVI asemblea nacional son o resultado dun profundo debate entre militantes e simpatizante ao longo do último ano” Rubén Cela, Bloque Nacionalista Galego
Trátanse, ademais, os principios fundacionais tales como autodeterminación ou o pacifismo, mais coa incorporación de novos, como poden ser a loita por un modelo de desenvolvemento sostible ou o laicismo. Goretti Sanmartín concretou a respecto dos elementos nos que se debería avanzar: o sistema de financiamento ou a axencia tributaria. En definitiva, estes postulados constitúen unha serie de instrucións para facer do BNG unha ferramenta con maior incidencia práctica.
Na rolda de prensa fíxose alusión, tamén, á renovación xeneracional e ao novo mapa comarcal. En definitiva, aspirar a que o BNG siga a ser a casa común do nacionalismo, sempre coa man tendida á entrada de persoas.