O BNG prepara unha “ofensiva parlamentaria” para defender a tarifa eléctrica galega

A formación nacionalista presentará no vindeiro Pleno unha proposición de lei co obxectivo de aprobar esta proposta, que rebaixaría o custo da luz nun 15% "en tódolos fogares"

Con esta lei, poderíase rebaixar nun 15% o recibo da luz

Ao mesmo tempo que os salarios perdían poder adquisitivo, o recibo da luz incrementouse nun 87% durante a última década. A voceira do BNG, Ana Pontón, considera un “espolio” que Galicia sexa unha das principais fontes de produción eléctrica do Estado e, por contra, conte cunha das tarifas máis caras, namentres varios milleiros de galegos e galegas “non teñen cartos para prender a calefacción”.

Emporiso, o Bloque volve facer unha forte aposta polo seu proxecto de implantar unha tarifa eléctrica galega que, segundo anunciou Pontón, permitiría rebaixar nun 15% o custo da electricidade en “tódolos fogares” do país. A formación nacionalista levará esta iniciativa ao Pleno da vindeira semana a través dunha proposición de lei.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Explotación sostíbel dos recursos

Outra das medidas que o BNG presenta con esta proposta é impulsar un “plan de redución do consumo eléctrico” que axude á sostibilidade dos recursos naturais, así como apostar polas enerxías renovábeis.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -