O grupo municipal do BNG, a través do seu portavoz Rubén Cela, parabenizouse de que nos vindeiros dias quede resolta a regularización dos CSC de Compostela. O nacionalista pensa que este era un dos temas importantes que levaba moito tempo sen ter unha saída acaída.
De todos os xeitos Cela informou que hai algúns temas relacionados coa xestión dos CSC que aínda están sen resolver. Entre eles o da situación de dous deses centros, de titularidade veciñal, que siguen asumindo os gastos de pago do IBI, luz, auga e calefacción.
O BNG tamén pedirá que se traballe para que a Casa das asociacións de Cornes cumpra o seu papel dinamizador e mesmo mellore o seu horario, agora mesmo, segundo os nacionalistas, moi restrictivo.
O alcalde ve dificil que o concello asuma os gastos dos CSC privados sen cesión dos espazos
Leva pasando isto moitos anos, mesmo décadas, e ninguén foi capaz de resolvelo
Martiño Noriega respondeu á petición do BNG de que os gastos dos CSC de Meixonfrio e Aríns explicando que hai dificultades legais para que o concello pague eses gastos se as asociacións propietarias non pasan a titularidade pública os seus locais.