A formación nacionalista levará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para instar ao Goberno local a dar un novo uso aos lugares emblemáticos da cidade que non están a ser aproveitados.
Desde o Bloque poñen como exemplos “a Colexiata de Sar, San Miguel dos Agros e Santa Clara, entre outros, que foron rehabilitados con fondos do Consorcio de Santiago, con diñeiro público, e deben ser abertos”.