Este luns, o Concello de Santiago anunciaba que a adxudicación de dirección, docencia e organización da Escola Municipal de Música quedaba deserta. Esta decisión foi unha das principais condicións das e dos traballadores para non convocar unha folga indefinida dende onte, así como a prórroga da actual empresa.
A concelleira do BNG Goretti Sanmartín salienta que o máis importante neste proceso é “manter os postos de traballo” e un modelo educativo “de calidade”. Así e todo, insta ao alcalde, Martiño Noriega, a “non desbotar” a opción de municipalizar o servizo para, deste xeito, ser xestionado directamente polo Concello.