Home Programas Área Compostela O BNG permitiu a municipalización da ORA “para manter 44 postos de traballo”

O BNG permitiu a municipalización da ORA “para manter 44 postos de traballo”

0
O BNG permitiu a municipalización da ORA “para manter 44 postos de traballo”
Imaxe da votación no pleno de onte

Após varios meses de intensas negociacións, o Pleno municipal aprobou este xoves o proceso de municipalización da ORA e o guindastre. O PP votou en contra, o PSdeG-PSOE abstívose e Compostela Aberta e BNG votaron a favor. Porén, a formación nacionalista non considera “beneficioso” este acordo, que, baixo a ollada do seu voceiro Rubén Cela, “o único que cambiará será a titularidade da empresa”.

O líder do Bloque en Compostela defende o voto positivo do seu partido como unha decisión “responsábel” e “consecuente” para manter os 44 postos de traballo actuais, a pesares de que o proceso podería ser tumbado “facilmente” pola Xustiza ou mesmo o Goberno do Estado.

A municipalización non será efectiva até liquidarse o actual contrato con Setex Aparki, un escollo que o alcalde Noriega confía salvar. Pola súa banda, o BNG seguirá a defender a súa proposta dun modelo de aparcamento en rotación e de balde como alternativa á ORA.