O futuro das pensións, a situación laboral e a política social foron os temas tratados hoxe na reunión que mantiveron na sede nacional do BNG a súa Portavoz nacional, Ana Pontón, e o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo.
Ana Pontón anunciou unha batería de iniciativas que o BNG pensa presentar no Parlamento e avanzou o apoio do Bloque ao calendario de mobilizacións previsto pola CIG.
A CIG non descarta a convocatoria dunha folga xeral
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo explicou cal sería este calendario de mobilizacións e adiantou que non descartaba a convocatoria dunha folga xeral se o goberno central do Partido Popular non rectificaba a súa política.
O obxectivo destas mobilizacións, segundo sinalou o secretario xeral da CIG, é recuperar os dereiros laborais, económicos e sociais.