Home Programas Área Compostela O BNG lamenta a “temeridade” de Noriega na xestión da ORA e o guindastre

O BNG lamenta a “temeridade” de Noriega na xestión da ORA e o guindastre

0

Este xoves, o Pleno municipal debaterá a aprobación, se procede, do proceso de municipalización da ORA e o guindastre, unha iniciativa promovida dende o grupo de Goberno e motivada, en certa medida, pola situación de ilegalidade na que presta o servizo actualmente a concesionaria, Setex Aparki. Para elo, sería preciso que a corporación levantase o reparo suspensivo imposto pola Xustiza.

O voceiro do BNG en Santiago, Rubén Cela, mantén que o seu grupo respalda en todo momento esta proposta, mais pide ao alcalde, Martiño Noriega, que garanta a viabilidade deste proceso e que non poida ser “facilmente tumbado” polas autoridades xudiciais. Durante estes días, o Goberno local pediu a “unidade” das forzas de esquerda do Concello para sacar adiante este proxecto. Porén, Cela critica a “opacidade” dun proceso no que “só se consultou ao BNG a posteriori” e se realizou “de xeito unilateral”.

Convenio da EDAR

O outro asunto que centrará o debate plenario deste xoves é o convenio da EDAR do Souto, que o Goberno rexeita e leva á asemblea local para “coñecer a posición dos demais grupos políticos”. Rubén Cela cualifica a estratexia de Noriega de “palabrería barata” e lamenta que careza dunha proposta alternativa ao emprazamento actual.